Ricardo F. Colmenero recolle o LXXXIV Premio Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña

26 / 01 / 25 | Destacadas, Premios

A presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez, entregou o premio da LXXXIV edición do premio Pérez Lugín a Ricardo F. Colmenero polo seu traballo El grillo gigante. O acto, celebrado no salón de sesións do Concello da Coruña, estivo presidido pola alcaldesa da cidade, Inés Rey.

Durante o acto, Doda Vázquez destacou que o premio, patrocinado polo Concello da Coruña e que xa é un dos máis antigos de España, estivo dedicado á radio, no ano no que celebra o seu centenario, unha data simbólica para este medio de comunicación do mesmo xeito que o son os 120 anos da asociación. “Estamos a celebrar que a APC é unha das máis antigas de España e está máis viva que nunca, ao longo dos últimos meses estamos a celebrar este aniversario con diversas convocatorias, como unha mesa redonda en torno aos cambios e a evolución na comunicación, o recente Xoves de Sombreiros, en lembranza dos pais fundadores, e unha exposición que percorre os últimos 120 do xornalismo e a súa pegada na Coruña”; sinalou a primeria presidenta muller da entidade.

Do mesmo xeito lembrou que o sábado, 25 de xaneiro de 2025, o billete do sorteo da Lotería Nacional foi adicado á APC. Dito boleto mostra un deseño que inclúe unha imaxe da primeira directiva da asociación, encabezada por Urbano González como presidente. Ademais, aparece o novo logo de la agrupación, deseñado por Antón Lezcano, no que aparece a esencia da pluma que sempre foi parte da imaxe da APC nas últimas décadas, que se transforma no cursor do rato dun ordenador.

Pola súa banda a alcaldesa da Coruña sinalou: “Hoxe recoñecemos o traballo de Ricardo Fernández Colmenero unha magnífica mostra de periodismo con ambición literaria, que profunda con talento na cuestión que plantexaba o concurso, o Centenario da radio” e engadiu que “este acto resulta tamén un bo momento para defender o xornalismo rigoroso que se nutre da cercanía”.

O gañador

Ricardo Fernández Colmenero (Ourense, 1977) é o gañador da LXXXIV edición do premio Pérez Lugín co traballo titulado ‘El grillo gigante’. O xornalista é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Redactor do diario ‘El Mundo’ é tamén columnista da revista ‘GQ’ ademais de tertuliano habitual na Radio Galega e Radio Marca. En 2018 recibíu o Premio Julio Camba. Como escritor, publicou a recompilación de textos autobiográficos ‘Literatura infiel’ e o ensaio ‘Los penúltimos días de Escohotado’.

O premiado sinalou: “Noraboa á asociación por manter este premio, é unha alegría recibilo e máis cunha hisotria na que lembro a antiga radio da niña infancia, que era un aparello negro enorme con dúas antenas que se asemellaban a un gran grilo”. Tras as súas palabras o seu fillo Yago participo una lectura do texto premiado, dando voz o final da historia, un recordó da infancia da que parte o relato.

Na edición de 2024 a temática eran a radio e o seu centenario. Os traballos recibidos foron valorados polo xurado, conformado pola xunta directiva da APC, con Doda Vázquez, Amalia Baltar, Luisa López, Gabriel Barrós, María Salorio, Gemma Castiñeira, Noela Rey e Miguel Gómez Longo; Eduardo Eiroa, en representación do Concello da Coruña, e o xornalista Toni Silva, gañador da edición anterior. Xunto a eles, nesta ocasión, tamén estiveron representantes de diversas emisoras da Coruña, como Yolanda López (Radio Galega), Maite González (Radio Coruña), Xosé Manuel García (RNE), Ángeles San Luis (Onda Cero), Antía Díaz (Radiovoz), Eva Iglesias (COPE) e Amparo Ginés (Intercoruña).

Historial do Pérez Lugín

En 2024, o Premio Pérez Lugín alcanzou a súa edición número 84. En 1936, a viúva do xenial escritor de ‘La Casa de la Troya’ creou unha fundación co nome do seu marido, dotándoa dun capital, depositado no Banco Pastor, con cuxos intereses debería concederse o premio, segundo rezaba textualmente “ao mellor traballo literario que se presente sobre un tema de Galicia, enxalzando a mesma”. Posteriormente, no 1941, creouse o premio e o gañador da primeira edición foi Eduardo Pérez Hervada. Desde entón, obtivérono destacados xornalistas e escritores. A listaxe inclúe a Ezequiel Pérez Montes (1963), Emilio Quesada (1964) ou Ángel Padín (1999).

Nos últimos anos, os gañadores foron Rodri Suárez (2019), Suso Martínez (2020), Javier Quintana (en 2021, aínda que tamén o gañou en 2009), Xavier Lama (2022) e Toni Silva (2023).

A primeira muller galardoada co Pérez Lugín foi Mercedes Modroño (1989), á que sucederon Cristina Amenedo (1995), Lola Roel (1996) e María del Rosario Martínez (2007).

 

RELACIONADOS

es_ESSpanish