{"id":1522,"date":"2024-12-12T13:32:40","date_gmt":"2024-12-12T12:32:40","guid":{"rendered":"https:\/\/apcoruna.com\/?p=1522"},"modified":"2025-01-26T15:40:17","modified_gmt":"2025-01-26T14:40:17","slug":"ricardo-f-colmenero-gana-a-lxxxiv-edicion-do-premio-perez-lugin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/ricardo-f-colmenero-gana-a-lxxxiv-edicion-do-premio-perez-lugin\/","title":{"rendered":"Ricardo F. Colmenero ga\u00f1a a LXXXIV edici\u00f3n do Premio P\u00e9rez Lug\u00edn"},"content":{"rendered":"<p>Ricardo Fern\u00e1ndez Colmenero (Ourense, 1977) \u00e9 o ga\u00f1ador da LXXXIV edici\u00f3n do premio P\u00e9rez Lug\u00edn co traballo titulado &#8216;El grillo gigante&#8217;. O xornalista \u00e9 licenciado en Xornalimo pola Universidade de Navarra. Redactor do diario El Mundo \u00e9 tam\u00e9n columnista da revista GQ ademais de tertuliano habitual na Radio Galega e Radio Marca. En 2018 recibiu o Premio Julio Camba. Como escritor publicou a recopilaci\u00f3n de textos autobiogr\u00e1ficos &#8216;Literatura infiel&#8217; e o ensaio &#8216;Los pen\u00faltimos d\u00edas de Escohotado&#8217;.<\/p>\n<p>O premio \u00e9 de 3.000 euros e unha figura acreditativa, achegados polo Concello da Coru\u00f1a, que un ano m\u00e1is apoia esta convocatoria. A cerimonia de entrega ser\u00e1 o pr\u00f3ximo venres 24 de xaneiro, d\u00eda no que se conmemora o patr\u00f3n dos xornalistas, San Francisco de Sales, e data tradicionalmente escollida para este acto.<\/p>\n<p>O tema sobre o que deb\u00edan xirar os traballos era \u201cCen anos de radio\u201d para celebrar o centenario do seu nacemento e reco\u00f1ecer deste xeito a transcendencia das ondas no labor informativo e sumarse as\u00ed aos actos de celebraci\u00f3n da efem\u00e9ride. Por este motivo, este ano o xurado estivo composto, nesta ocasi\u00f3n, por representantes das radios, aos que invitamos a participar. Yolanda L\u00f3pez (Radio Galega), Maite Gonz\u00e1lez (Radio Coru\u00f1a), Xos\u00e9 Manuel Garc\u00eda (RNE), \u00c1ngeles San Luis (Onda Cero), Ant\u00eda D\u00edaz (Radiovoz), Eva Iglesias (COPE) e Amparo Gin\u00e9s (Intercoru\u00f1a) participaron cos seus votos xunto con Doda V\u00e1zquez, Amalia Baltar, Luisa L\u00f3pez, Gabriel Barr\u00f3s, Mar\u00eda Salorio, Gemma Casti\u00f1eira, Noela Rey e Miguel G\u00f3mez Longo, da directiva da Asociaci\u00f3n da Prensa, Eduardo Eiroa, en representaci\u00f3n do Concello da Coru\u00f1a, e o xornalista Toni Silva, ga\u00f1ador da edici\u00f3n anterior.<\/p>\n<p><strong>Actos do 120 aniversario<\/strong><\/p>\n<p>Ademais do fallo do premio P\u00e9rez Lug\u00edn, a directiva contin\u00faa coa conmemoraci\u00f3n dos 120 anos da asociaci\u00f3n da prensa, a terceira m\u00e1is antiga de Espa\u00f1a, que se cumpriron exactamente o pasado 5 de decembro. O pr\u00f3ximo 17 de decembro, \u00e1s 20.30, a alcaldesa, In\u00e9s Rey, inaugurar\u00e1 coa presidenta, Doda V\u00e1zquez, unha exposici\u00f3n sobre a historia da asociaci\u00f3n, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga.<br \/>\nDentro das actividades relacionadas coa mostra, haber\u00e1 varias visitas guiadas por un roteiro do xornalismo coru\u00f1\u00e9s e a cidade de principios do s\u00e9culo XX. Desde o Circo de Artes\u00e1ns, onde nace a APC en 1904, pasando por diferentes lugares ata chegar \u00e1 exposici\u00f3n, no mismo edificio da r\u00faa Dur\u00e1n Loriga onde ten a s\u00faa sede actualmente a asociaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Historial do P\u00e9rez Lug\u00edn<\/strong><\/p>\n<p>En 2024 o Premio P\u00e9rez Lug\u00edn alcanza a s\u00faa edici\u00f3n n\u00famero 84. En 1936, a vi\u00fava do xenial escritor da Casa da Troia creou unha fundaci\u00f3n co nome do seu marido, dot\u00e1ndoa dun capital, depositado no Banco Pastor, con cuxos intereses deber\u00eda concederse o premio, segundo rezaba textualmente \u201cao mellor traballo literario que se presente sobre un tema de Galicia enxalzando a mesma\u201d.<br \/>\nPosteriormente, no 1941, creouse o premio e o ga\u00f1ador da primeira edici\u00f3n foi Eduardo P\u00e9rez Hervada. Desde ent\u00f3n obtiv\u00e9rono destacados xornalistas e escritores. A listaxe incl\u00fae a Ezequiel P\u00e9rez Montes (1963), Emilio Quesada (1964) o \u00c1ngel Pad\u00edn (1999). Nos \u00faltimos a\u00f1os, os ga\u00f1adores foron Rodri Su\u00e1rez (2019), Suso Mart\u00ednez (2020), Javier Quintana (en 2021, a\u00ednda que tam\u00e9n o ga\u00f1ou en 2009), Xavier Lama (2022) e Toni Silva (2023).<\/p>\n<p>A primeira muller galardoada co P\u00e9rez Lug\u00edn foi Mercedes Modro\u00f1o (1989), \u00e1 que sucederon Cristina Amenedo (1995), Lola Roel (1996) e Mar\u00eda del Rosario Mart\u00ednez Mart\u00ednez (2007).<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ricardo Fern\u00e1ndez Colmenero (Ourense, 1977) \u00e9 o ga\u00f1ador da LXXXIV edici\u00f3n do premio P\u00e9rez Lug\u00edn co traballo titulado &#8216;El grillo gigante&#8217;. O xornalista \u00e9 licenciado en Xornalimo pola Universidade de Navarra. Redactor do diario El Mundo \u00e9 tam\u00e9n columnista da revista GQ ademais de tertuliano habitual na Radio Galega e Radio Marca. En 2018 recibiu [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":3,"featured_media":1523,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-1522","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-premios"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1522","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1522"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1522\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1524,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1522\/revisions\/1524"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1523"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1522"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1522"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1522"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}