{"id":1539,"date":"2024-12-18T11:34:38","date_gmt":"2024-12-18T10:34:38","guid":{"rendered":"https:\/\/apcoruna.com\/?p=1539"},"modified":"2024-12-18T11:34:38","modified_gmt":"2024-12-18T10:34:38","slug":"a-apc-inaugura-a-mostra-120-anos-de-xornalismo-corunes-na-que-se-pon-en-valor-a-labor-do-xornalismo-na-historia-da-cidade-da-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/a-apc-inaugura-a-mostra-120-anos-de-xornalismo-corunes-na-que-se-pon-en-valor-a-labor-do-xornalismo-na-historia-da-cidade-da-coruna\/","title":{"rendered":"A APC inaugura a mostra \u201c120 anos de xornalismo coru\u00f1\u00e9s\u201d na que se pon en valor a labor do xornalismo na historia da cidade da Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>\u201cO xornalista nunca debe ser a noticia ou que as malas novas nunca son boas novas son d\u00faas das leis non escritas do xornalismo, pero nesta ocasi\u00f3n queremos rachar con ambas e facer dos xornalistas os protagonistas e ademais por unha boa nova como \u00e9 a inauguraci\u00f3n desta exposici\u00f3n\u201d as\u00ed arrancou o seu discurso a presidenta da Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a, Doda V\u00e1zquez. Unha mostra que como destacou ten como obxectivo po\u00f1er en valor a herdanza recibida nestes 120 anos de historia pero tam\u00e9n o papel fundamental do xornalismo na vida da cidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>\u201cCando non puxeran a\u00ednda en p\u00e9 dous dos piares desta cidade como son Estrella Galicia ou o Deportivo, un grupo de xornalistas xuntouse unha tarde de decembro no Circo de Artes\u00e1ns da Coru\u00f1a para fundar a que ser\u00eda a terceira asociaci\u00f3n de prensa de Espa\u00f1a, despois de Madrid e Arag\u00f3n\u201d explicou a presidenta salientando que \u201c120 anos despois segue sendo parte do tecido asociativo desta cidade co prop\u00f3sito de apoiar, axudar e arroupar aos compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras que o precisen\u201d.<\/p>\n<p>Unha \u201cmodesta exposici\u00f3n\u201d coa que a Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a quere repasar a historia dos profesionais, medios de comunicaci\u00f3n, ferramentas que se empregaban e tam\u00e9n, amosar xornais da s\u00faa hemeroteca que a d\u00eda de hoxe est\u00e1n dixitalizados, e a disposici\u00f3n da cidadan\u00eda, grazas \u00e1 labor de C\u00e9sar Antonio Molina, socio de honor da APC e ex Ministro de Cultura.<\/p>\n<p>Unha mostra cuxo obxectivo \u00e9 ser un escaparate dos nomes de xornalistas locais que enchen o noso rueiro, lembrar portadas m\u00edticas ou fitos xornal\u00edsticos locais, ou co\u00f1ecer os valores que achega o xornalismo para a nosa sociedade paralelamente a outras formas de comunicaci\u00f3n m\u00e1is actuais como as redes sociais.<\/p>\n<p>Unha viaxe no tempo para lembrar e po\u00f1er en valor a historia e o traballo de tantos compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras que como salientou a propia alcaldesa da Coru\u00f1a, In\u00e9s Rey, no seu discurso inaugural, \u201c poucas urbes poden presumir dunha ali\u00f1aci\u00f3n xornal\u00edstica como a da Coru\u00f1a con nomes como Wenceslao Fern\u00e1ndez Fl\u00f3rez, Manuel Cas\u00e1s, Enrique Mari\u00f1as, Juan Naya, Curros Enr\u00edquez, Alejandro P\u00e9rez Lug\u00edn, Salvador de Madariaga, Julio Campa, Santiago Rey Fern\u00e1ndez- Latorre entre outros. Pero tam\u00e9n nomes de muller como Emilia Pardo Baz\u00e1n ou Mar\u00eda Luisa Dur\u00e1n Marquina, primeira muller en entrar na directiva da Asociaci\u00f3n da Prensa.<\/p>\n<p>A mostra enm\u00e1rcase no calendario de actos organizados para celebrar os 120 anos da Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a e poder\u00e1 visitarse por libre en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas na Sala Salvador de Madariaga (r\u00faa Dur\u00e1n Loriga, 10). Tam\u00e9n poder\u00e1n organizarse visitas guiadas, previa reserva e para grupos, escribindo a <a href=\"mailto:laguiateca.escapalandia@gmail.com\">laguiateca.escapalandia@gmail.com<\/a> o llamando al tel\u00e9fono: 667 469 357.<\/p>\n<p>A Asociaci\u00f3n da Prensa ten organizadas tam\u00e9n unha serie de visitas guiadas abertas \u00e1 cidadan\u00eda para pasear polos lugares hist\u00f3ricos da cidade en relaci\u00f3n coa APC e os seus principais logros.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cO xornalista nunca debe ser a noticia ou que as malas novas nunca son boas novas son d\u00faas das leis non escritas do xornalismo, pero nesta ocasi\u00f3n queremos rachar con ambas e facer dos xornalistas os protagonistas e ademais por unha boa nova como \u00e9 a inauguraci\u00f3n desta exposici\u00f3n\u201d as\u00ed arrancou o seu discurso a [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":3,"featured_media":1541,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[25],"tags":[],"class_list":["post-1539","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1539","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1539"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1539\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1542,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1539\/revisions\/1542"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1541"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1539"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1539"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1539"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}