{"id":1964,"date":"2026-03-10T08:15:34","date_gmt":"2026-03-10T07:15:34","guid":{"rendered":"https:\/\/apcoruna.com\/?p=1964"},"modified":"2026-03-10T08:17:10","modified_gmt":"2026-03-10T07:17:10","slug":"a-apc-abre-o-prazo-de-presentacion-de-traballos-para-o-xi-concurso-de-debuxo-picasso-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/a-apc-abre-o-prazo-de-presentacion-de-traballos-para-o-xi-concurso-de-debuxo-picasso-2026\/","title":{"rendered":"A APC abre o prazo de presentaci\u00f3n de traballos para o XI concurso de debuxo PICASSO 2026"},"content":{"rendered":"<p>Durante a s\u00faa estancia na Coru\u00f1a, o adolescente Picasso elaborou xornais de tama\u00f1o folio nos que combinaba textos e debuxos. Bautizounos como Azul y Blanco e La Coru\u00f1a. Os participantes te\u00f1en que emular estes xornais, pero cun contido actual. Na p\u00e1xina web do Museu Picasso de Barcelona\u00a0(www.museupicasso.bcn.cat\/es), no seu apartado A Colecci\u00f3n, p\u00f3dese acceder a numerosas obras\u00a0realizadas polo artista andaluz na Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>QUEN PODE PARTICIPAR?<\/p>\n<p><strong>Alumnado de centros p\u00fablicos, concertados e privados de toda Galicia de<\/strong>:<\/p>\n<ul>\n<li><strong>3\u00ba e 6\u00ba de Primaria<\/strong><\/li>\n<li><strong>ESO<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>CATEGOR\u00cdAS<\/p>\n<ul>\n<li>Grupo A (3\u00ba, 4\u00ba, 5\u00ba e 6\u00ba de Primaria)<\/li>\n<li>Grupo B (1\u00ba e 2\u00ba de ESO)<\/li>\n<li>Grupo C (3\u00ba e 4\u00ba de ESO)<\/li>\n<\/ul>\n<p>COMO PARTICIPAR?<\/p>\n<p>Coa elaboraci\u00f3n dun xornal, cada alumno\/a ou grupo de alumnos\/as \u2013poder\u00e1n participar de forma\u00a0individual ou en grupo cun n\u00famero m\u00e1ximo de tres\u2013 optan a calquera dos tres premios: \u00abmellor\u00a0xornal\u00bb, \u00abmellor ilustraci\u00f3n\u00bb e \u00abmellor redacci\u00f3n\u00bb. Os traballos, que se poder\u00e1n elaborar en\u00a0castel\u00e1n ou en galego, presentaranse en tama\u00f1o A4 e cubertos por unha soa cara. Remitiranse nun\u00a0sobre pechado, por\u00a0 correo certificado, \u00e1 direcci\u00f3n: Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a, R\/ Dur\u00e1n Loriga, No 10, 4o, 15003, A Coru\u00f1a. O sobre levar\u00e1 o nome completo do profesor responsable do alumno\/s, as\u00ed como o nome e direcci\u00f3n do colexio, ademais da indicaci\u00f3n \u00abConcurso de Debuxo\u00a0Picasso\u00bb. Dentro del ir\u00e1 o traballo en cuesti\u00f3n e nun folio A4 \u00e1 parte o nome do profesor ou da\u00a0profesora responsable co seu enderezo de\u00a0 correo electr\u00f3nico, as\u00ed como o nome, apelidos e curso\u00a0que estuda o alumno ou alumnos. Os alumnos tam\u00e9n poden participar pola s\u00faa conta,\u00a0independentemente do centro docente no que estean matriculados, de forma individual ou en grupo.<\/p>\n<p>DATA<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Poden presentarse traballos realizados no curso 2025-2026. A data l\u00edmite de env\u00edo ser\u00e1 o 31 de maio de 2026.<\/strong> O xurado emitir\u00e1 a s\u00faa resoluci\u00f3n en xu\u00f1o de 2026.<\/li>\n<\/ul>\n<p>PREMIOS<\/p>\n<p>Estableceranse tres premios por categor\u00eda (A, B e C), que ser\u00e1n os seguintes:<\/p>\n<ul>\n<li>Premio Picasso ao mellor xornal. Os ga\u00f1adores de cada unha das tres categor\u00edas recibir\u00e1n un cheque regalo de 450 euros (se o\/os traballo\/s se presentan en grupo dividirase o cheque-regalo a partes iguais entre os alumnos ga\u00f1adores). Os profesores que env\u00eden os traballos ga\u00f1adores recibir\u00e1n un lector de libro electr\u00f3nico.<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Premio Jos\u00e9 Luis Bugallal Marchesi \u00e1 mellor ilustraci\u00f3n. Bugallal foi un xornalista pioneiro na investigaci\u00f3n do Picasso coru\u00f1\u00e9s. Os ga\u00f1adores de cada unha das tres categor\u00edas recibir\u00e1n un cheque\u00a0 regalo por valor de 300 euros (se o\/os traballo\/s se presentan en grupo dividirase o cheque-regalo a partes iguais entre os alumnos ga\u00f1adores).<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Premio Olga Cristina Via\u00f1o S\u00e1nchez \u00e1 mellor redacci\u00f3n. Via\u00f1o foi pioneira na direcci\u00f3n dun diario de informaci\u00f3n xeral en Galicia. Os ga\u00f1adores de cada unha das tres categor\u00edas recibir\u00e1n un cheque regalo por valor de 300 euros (se o\/os traballo\/s se presentan en grupo dividirase o cheque-regalo a partes iguais entre os alumnos ga\u00f1adores).<\/li>\n<\/ul>\n<p>Igualmente, distinguirase con acc\u00e9sit un m\u00ednimo de 5 obras de cada unha das categor\u00edas,\u00a0consistindo neste caso o seu premio nun diploma acreditativo de tal condici\u00f3n e na exhibici\u00f3n dos\u00a0traballos.<\/p>\n<p>EXPOSICI\u00d3N<\/p>\n<p>Foi na Coru\u00f1a onde Picasso realizou a s\u00faa primeira exposici\u00f3n en 1895. Ao f\u00edo deste feito hist\u00f3rico,\u00a0os mellores traballos do concurso tam\u00e9n ser\u00e1n mostrados, neste caso nunha exposici\u00f3n conxunta a\u00a0celebrar nunha dependencia p\u00fablica ou privada da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>XURADO<\/p>\n<p>O xurado ser\u00e1 presidido pola presidenta da Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a (ou a persoa na que\u00a0delegue) e estar\u00e1 composto, ademais, polos seguintes membros:<\/p>\n<ul>\n<li>Unha persoa designada pola Xunta de Galicia.<\/li>\n<li>Dous representantes da APC.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O presidente\/a do xurado ter\u00e1 voto de calidade naqueles supostos que se consideren necesarios.<\/p>\n<p>A resoluci\u00f3n do xurado ser\u00e1 inapelable. Os ga\u00f1adores ser\u00e1n informados da resoluci\u00f3n v\u00eda correo\u00a0electr\u00f3nico.<\/p>\n<p>PROPIEDADE DOS TRABALLOS<\/p>\n<p>Os traballos recibidos non lles ser\u00e1n devoltos aos autores\/as. Desde o momento da s\u00faa entrega, os\u00a0dereitos de propiedade das obras pasar\u00e1n a ser da Asociaci\u00f3n de la Prensa da Coru\u00f1a sen l\u00edmite\u00a0territorial e temporal. A participaci\u00f3n neste concurso sup\u00f3n a aceptaci\u00f3n dos termos da convocatoria\u00a0expostos nas bases do mesmo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante a s\u00faa estancia na Coru\u00f1a, o adolescente Picasso elaborou xornais de tama\u00f1o folio nos que combinaba textos e debuxos. Bautizounos como Azul y Blanco e La Coru\u00f1a. Os participantes te\u00f1en que emular estes xornais, pero cun contido actual. Na p\u00e1xina web do Museu Picasso de Barcelona\u00a0(www.museupicasso.bcn.cat\/es), no seu apartado A Colecci\u00f3n, p\u00f3dese acceder a [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":3,"featured_media":1965,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[25,8],"tags":[],"class_list":["post-1964","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacadas","category-premios"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1964","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1964"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1964\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1966,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1964\/revisions\/1966"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1965"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1964"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1964"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1964"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}