{"id":562,"date":"2023-11-02T13:44:36","date_gmt":"2023-11-02T12:44:36","guid":{"rendered":"https:\/\/apcoruna.com\/?p=562"},"modified":"2023-12-16T13:54:54","modified_gmt":"2023-12-16T12:54:54","slug":"a-apc-dedica-o-lxxxiii-premio-perez-lugin-ao-telefono-mobil-e-a-sua-importancia-no-xornalismo-do-seculo-xxi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/a-apc-dedica-o-lxxxiii-premio-perez-lugin-ao-telefono-mobil-e-a-sua-importancia-no-xornalismo-do-seculo-xxi\/","title":{"rendered":"A APC dedica o LXXXIII Premio P\u00e9rez Lug\u00edn ao tel\u00e9fono m\u00f3bil e a s\u00faa importancia no xornalismo do s\u00e9culo XXI"},"content":{"rendered":"<p>O Premio Alejandro P\u00e9rez Lug\u00edn ter\u00e1 este ano como lema \u201cCr\u00f3nicas desde o m\u00f3bil: O Xornalismo do s\u00e9culo XXI\u201d e estar\u00e1 dedicado \u00e1 invenci\u00f3n do tel\u00e9fono m\u00f3bil, que en 2023 cumpre 50 anos e que tanto ten cambiado a maneira de traballar dos xornalistas nos \u00faltimos tempos.<\/p>\n<p>A Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a quixo unir, como adoita ser habitual neste premio, unha efem\u00e9ride que, dalgunha maneira, estea relacionada co xornalismo, co traballo que se fai a diario nas redacci\u00f3ns de peri\u00f3dicos, radios, televisi\u00f3ns e webs. O 3 de abril de 1973, Mart\u00edn Cooper, directivo de Motorola, realizou a que ser\u00eda a primeira chamada desde un tel\u00e9fono m\u00f3bil desde unha r\u00faa de Nova York, ao seu rival no sector da telefon\u00eda: Joel Engel, de AT&amp;T. Neste medio s\u00e9culo, pasamos daqueles car\u00edsimos e pesad\u00edsimos terminais aos tel\u00e9fonos intelixentes que levamos hoxe no peto e que permiten escribir, captar fotos, audios e v\u00eddeos e enviar o traballo de maneira instant\u00e1nea, con todo o que iso sup\u00f3n, coas s\u00faas luces e as s\u00faas sombras, para esta profesi\u00f3n.<\/p>\n<p>Poder\u00e1n participar no certame cantas persoas as\u00ed o desexen, coa condici\u00f3n de que cada concursante s\u00f3 poder\u00e1 presentar un traballo encadrado en calquera x\u00e9nero xornal\u00edstico. Os traballos han ser in\u00e9ditos e poder\u00e1n ser escritos indistintamente en galego ou en castel\u00e1n. Ter\u00e1n unha extensi\u00f3n m\u00e1xima de tres folios ou 5.100 caracteres (con espazos).<\/p>\n<p>O prazo de presentaci\u00f3n de orixinais finaliza o pr\u00f3ximo d\u00eda 4 de decembro e o fallo do xurado cualificador, composto pola actual directiva da Asociaci\u00f3n da Prensa, un representante do Concello, e o ga\u00f1ador do ano pasado, Xavier Lama, darase a co\u00f1ecer a mediados de decembro.<\/p>\n<p><strong>Mec\u00e1nica<\/strong><br \/>\nAs obras, in\u00e9ditas, enviaranse en papel por correo certificado e en soporte inform\u00e1tico (formato Word ou PDF), \u00e1 Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a, en sobre pechado e \u00e1 direcci\u00f3n C\/ Dur\u00e1n Loriga, 10-4. 15003, A Coru\u00f1a. O sobre levar\u00e1 un pseud\u00f3nimo e un lema e a indicaci\u00f3n \u201cPremio P\u00e9rez Lug\u00edn\u201d.<br \/>\nIgualmente, dentro incorporarase outro sobre m\u00e1is pequeno, co lema e o pseud\u00f3nimo no exterior. Dentro deste incluiranse os datos do autor (nome e apelidos, direcci\u00f3n, tel\u00e9fono de contacto) e un breve curr\u00edculo. Tam\u00e9n se poder\u00e1n enviar os traballos a trav\u00e9s dun correo electr\u00f3nico creado co pseud\u00f3nimo baixo o que se presenta o autor e co mesmo lema no asunto. De ning\u00fan xeito poder\u00e1 identificarse a persoa que se presenta a trav\u00e9s do correo electr\u00f3nico ou o traballo quedar\u00e1 automaticamente eliminado.<\/p>\n<p>O env\u00edo do correo electr\u00f3nico non exime do env\u00edo do sobre co traballo en papel e, no interior, o sobre pechado cos datos persoais, que debe ser enviado de forma f\u00edsica \u00e1 direcci\u00f3n postal da asociaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Historial do P\u00e9rez Lug\u00edn<\/strong><br \/>\nEste ano o Premio P\u00e9rez Lug\u00edn alcanza a s\u00faa edici\u00f3n n\u00famero 83. En 1936, a vi\u00fava do xenial escritor da Casa da Troya creou unha fundaci\u00f3n co nome do seu marido, dot\u00e1ndoa dun capital, depositado no Banco Pastor, con cuxos intereses deber\u00eda concederse o premio, segundo rezaba textualmente \u201cao mellor traballo literario que se presente sobre un tema de Galicia enxalzando a mesma\u201d. Pero non foi ata 1941 cando se creou o premio. Naquel ano o ga\u00f1ador, o primeiro da historia, foi Eduardo P\u00e9rez Hervada. Desde ent\u00f3n obtiv\u00e9rono destacados xornalistas e escritores. A listaxe incl\u00fae a Ezequiel P\u00e9rez Montes (1963), Emilio Quesada (1964) ou Anxo Pad\u00edn (1999).<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, os ga\u00f1adores foron Rodri Su\u00e1rez (2019), Suso Mart\u00ednez (2020), Javier Quintana (en 2021, a\u00ednda que tam\u00e9n o ga\u00f1ou en 2009) e Xavier Lama (2022). A primeira muller galardoada co P\u00e9rez Lug\u00edn foi Mercedes Modro\u00f1o (1989), \u00e1 que sucederon Cristina Amenedo (1995), Lola Roel (1996) e Mar\u00eda del Rosario Mart\u00ednez Mart\u00ednez (2007).<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Premio Alejandro P\u00e9rez Lug\u00edn ter\u00e1 este ano como lema \u201cCr\u00f3nicas desde o m\u00f3bil: O Xornalismo do s\u00e9culo XXI\u201d e estar\u00e1 dedicado \u00e1 invenci\u00f3n do tel\u00e9fono m\u00f3bil, que en 2023 cumpre 50 anos e que tanto ten cambiado a maneira de traballar dos xornalistas nos \u00faltimos tempos. A Asociaci\u00f3n da Prensa da Coru\u00f1a quixo unir, [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":3,"featured_media":563,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[8],"tags":[22],"class_list":["post-562","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-premios","tag-premio-perez-lugin"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/562","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=562"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/562\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":566,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/562\/revisions\/566"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/563"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=562"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=562"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/apcoruna.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=562"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}