Escolares de Primaria e Secundaria procedentes de centros de oito localidades galegas (A Coruña, Oleiros, Cambre, A Laracha, Culleredo, Ordes, Ourense e Santiago) son os gañadores do X Concurso de Debuxo Picasso, que organiza a Asociación de la Prensa da Coruña (APC) e que conta co patrocinio da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e coa colaboración do IES Eusebio da Guarda.
Na presente edición, cando se cumpren xa dez anos do comezo do xa tradicional concurso, o xurado concedeu un total de 9 premios e 15 accésits entre os cerca de 250 traballos que se presentaron ao certamen. A iniciativa pretende estimular a creatividade do estudantado e resaltar a figura do pintor, que pasou parte da súa infancia na Coruña e onde facía xornais con debuxos e noticias para contarlle o que pasaba á súa familia como os que emularon os rapaces e rapazas do concurso.
Os gañadores de cada unha das tres categorías do Premio Picasso Coruñés ao mellor xornal recibirán un cheque regalo de 450 euros. Os profesores que enviaron os traballos gañadores, un lector de libro electrónico. Pola súa banda, o premio para os gañadores dos premios José Luis Bugallal Marchesi e Olga Cristina Viaño Sánchez, que distinguen, respectivamente, o mellor deseño e a mellor redacción, consistirá nun cheque regalo por valor de 300 euros. Os participantes con accésit levarán un diploma acreditativo.
O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 12 de xuño (18.00 horas) no IES Eusebio da Guarda, o mesmo lugar onde estudiara Picasso durante a súa estadía na Coruña. O instituto coruñés da praza de Pontevedra tamén acollerá a exposición dos mellores traballos.
RELACIÓN DE PREMIADOS
CATEGORÍA A (3º, 4º, 5 e 6º de Primaria)
1-Premio Picasso ao Mellor xornal
Salomé Bocija Sanjurjo
CEIP Gonzalo Torrente Ballester (Cambre)
2-Premio José Luis Bugallal á Mellor ilustración
Manuela Blanco Calvo
CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)
3-Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á Mellor redacción
Uxía Garea Fraga, Manuela Rodríguez Picado e Carla Vicente Meier
CEIP Juana de Vega (Oleiros)
CATEGORÍA B (1º e 2º de ESO)
-Premio Picasso ao Mellor xornal
María Celine Ramos Balintona e Mercedes Mariam Mezquita Romero
IES La Purísima (Ourense)
-Premio José Luis Bugallal á Mellor ilustración
Carla Rodríguez Carballo
Colegio Santo Ángel (Ourense)
-Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á Mellor redacción
Josed Leandro Flores Pinzón e Vera Losada Rodríguez
IES La Purísima (Ourense)
CATEGORÍA C (3º e 4º de ESO)
-Premio Picasso ao Mellor xornal
Violeta Varela Santiso
IES Arcebispo Xelmírez (Santiago de Compostela)
-Premio José Luis Bugallal á Mellor ilustración
Jairo Montero e Jorge Andrade
IES Agra de Leborís (A Laracha)
-Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á Mellor redacción
Jenifer Amor Corral
IES Maruxa Mallo (Ordes)
TRABALLOS GAÑADORES:







