Durante a súa estancia na Coruña, o adolescente Picasso elaborou xornais de tamaño folio nos que combinaba textos e debuxos. Bautizounos como Azul y Blanco e La Coruña. Os participantes teñen que emular estes xornais, pero cun contido actual. Na páxina web do Museu Picasso de Barcelona (www.museupicasso.bcn.cat/es), no seu apartado A Colección, pódese acceder a numerosas obras realizadas polo artista andaluz na Coruña.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Alumnado de centros públicos, concertados e privados de toda Galicia de:
- 3º e 6º de Primaria
- ESO
CATEGORÍAS
- Grupo A (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria)
- Grupo B (1º e 2º de ESO)
- Grupo C (3º e 4º de ESO)
COMO PARTICIPAR?
Coa elaboración dun xornal, cada alumno/a ou grupo de alumnos/as –poderán participar de forma individual ou en grupo cun número máximo de tres– optan a calquera dos tres premios: «mellor xornal», «mellor ilustración» e «mellor redacción». Os traballos, que se poderán elaborar en castelán ou en galego, presentaranse en tamaño A4 e cubertos por unha soa cara. Remitiranse nun sobre pechado, por correo certificado, á dirección: Asociación da Prensa da Coruña, R/ Durán Loriga, No 10, 4o, 15003, A Coruña. O sobre levará o nome completo do profesor responsable do alumno/s, así como o nome e dirección do colexio, ademais da indicación «Concurso de Debuxo Picasso». Dentro del irá o traballo en cuestión e nun folio A4 á parte o nome do profesor ou da profesora responsable co seu enderezo de correo electrónico, así como o nome, apelidos e curso que estuda o alumno ou alumnos. Os alumnos tamén poden participar pola súa conta, independentemente do centro docente no que estean matriculados, de forma individual ou en grupo.
DATA
- Poden presentarse traballos realizados no curso 2025-2026. A data límite de envío será o 31 de maio de 2026. O xurado emitirá a súa resolución en xuño de 2026.
PREMIOS
Estableceranse tres premios por categoría (A, B e C), que serán os seguintes:
- Premio Picasso ao mellor xornal. Os gañadores de cada unha das tres categorías recibirán un cheque regalo de 450 euros (se o/os traballo/s se presentan en grupo dividirase o cheque-regalo a partes iguais entre os alumnos gañadores). Os profesores que envíen os traballos gañadores recibirán un lector de libro electrónico.
- Premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración. Bugallal foi un xornalista pioneiro na investigación do Picasso coruñés. Os gañadores de cada unha das tres categorías recibirán un cheque regalo por valor de 300 euros (se o/os traballo/s se presentan en grupo dividirase o cheque-regalo a partes iguais entre os alumnos gañadores).
- Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción. Viaño foi pioneira na dirección dun diario de información xeral en Galicia. Os gañadores de cada unha das tres categorías recibirán un cheque regalo por valor de 300 euros (se o/os traballo/s se presentan en grupo dividirase o cheque-regalo a partes iguais entre os alumnos gañadores).
Igualmente, distinguirase con accésit un mínimo de 5 obras de cada unha das categorías, consistindo neste caso o seu premio nun diploma acreditativo de tal condición e na exhibición dos traballos.
EXPOSICIÓN
Foi na Coruña onde Picasso realizou a súa primeira exposición en 1895. Ao fío deste feito histórico, os mellores traballos do concurso tamén serán mostrados, neste caso nunha exposición conxunta a celebrar nunha dependencia pública ou privada da Coruña.
XURADO
O xurado será presidido pola presidenta da Asociación da Prensa da Coruña (ou a persoa na que delegue) e estará composto, ademais, polos seguintes membros:
- Unha persoa designada pola Xunta de Galicia.
- Dous representantes da APC.
O presidente/a do xurado terá voto de calidade naqueles supostos que se consideren necesarios.
A resolución do xurado será inapelable. Os gañadores serán informados da resolución vía correo electrónico.
PROPIEDADE DOS TRABALLOS
Os traballos recibidos non lles serán devoltos aos autores/as. Desde o momento da súa entrega, os dereitos de propiedade das obras pasarán a ser da Asociación de la Prensa da Coruña sen límite territorial e temporal. A participación neste concurso supón a aceptación dos termos da convocatoria expostos nas bases do mesmo.



