Xurxo Fernández gaña a LXXXV edición do Premio Pérez Lugín con Motivos para perder el tren

10 / 12 / 25 | Destacadas, Premios

Xurxo Fernández Fernández é o gañador da LXXXV edición do premio Pérez Lugín co traballo titulado Motivos para perder el tren.
Xurxo Fernández Fernández incorporouse o ano 2001 a La Voz de Galicia, onde traballou nas seccións de Local, Nacional, Internacional e Deportes. No ano 2020 recibiu o premio Emilio Quesada da Asociación da Prensa da Coruña. O ganador, ao recibir a noticia de que o traballo escollido era o seu asegurou: “Vénme moi ben”, ante a súa próxima paternidade.

O premio de 3.000 euros e unha figura acreditativa, achegados polo Concello da Coruña, que un ano máis apoia esta convocatoria, serán entregados na cerimonia que se celebrará o venres, 23 de xaneiro no palacio municipal de María Pita. A data na que se conmemora o patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales, é a tradicionalmente escollida para celebrar este acto.

O tema sobre o que este ano debían virar os traballos era ´Do tren de Lugo ao AVE: 150 anos de ferrocarril na Coruña´ para celebrar o aniversario deste avance no transporte e así recoñecer a transcendencia social este ano o xurado estivo composto por Doda Vázquez, Gabi Barrós, Amalia Baltar, Sole Parral, María Salorio, Tania Porta e Noela Rey da directiva da Asociación da Prensa; Eduardo Eiroa, en representación do Concello da Coruña e o xornalista Ricardo Fernández Colmenero, gañador da edición anterior.

Actos do 150 aniversario do tren

Con motivo do 150 aniversario da chegada do tren á Coruña, a Asociación da Prensa da Coruña organizou unha serie de actividades no centro Comercial Catro Camiños como un percorrido en foros da man de José Carlos Alonso, autor do blog As Xubias, Castros, Gaiteira. Así mesmo, no mes de novembro tamén se realizaron visitas guiadas por elbarrio que viu nacer a infraestrutura homenaxeada.

Historial do Pérez Lugín

En 2025, o Premio Pérez Lugín alcanza a súa edición número 85. En 1936, a viúva do xenial escritor de ´La Casa de la Troya´ creou unha fundación co nome do seu marido, dotándoa dun capital, depositado no Banco Pastor, con cuxos intereses debería conceder-se o premio, segundo rezaba textualmente “ao mellor traballo literario que se presente sobre un tema de Galicia enxalzando a mesma”.

Posteriormente, no 1941, creouse o premio e o gañador da primeira edición foi Eduardo Pérez Hervada. Desde entón obtivérono destacados xornalistas e escritores. A listaxe inclúe a Ezequiel Pérez Montes (1963), Emilio Quesada (1964) ou Ángel Padín (1999). Nos últimos anos, os gañadores foron Rodri Suárez (2019), Suso Martínez (2020), Javier Quintana (en 2021, aínda que tamén o gañou en 2009), Xavier Lama (2022), Toni Silva (2023) e Ricardo Fernandez Colmenero (2024).

A primeira muller galardoada co Pérez Lugín foi Mercedes Modroño (1989), á que sucederon Cristina Amenedo (1995), Lola Roel (1996) e María del Rosario Martínez Martínez (2007).

RELACIONADOS

en_GBEnglish