Escolares de Primaria e Secundaria de once centros de toda Galicia participaron nesta undécima edición do Concurso de Debuxo Picasso, organizado pola Asociación da Prensa da Coruña co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Os traballos chegaron procedentes de Culleredo, Laracha, Ordes, Narón, Santiago, A Coruña, Carballo, Oleiros e Sarria e cun nivel moi alto que cada ano pono máis difícil para o xurado.
Na presente edición, concedéronse un total de nove premios e 15 accésits entre os máis de 200 traballos que se presentaron ao certame. A iniciativa pretende estimular a creatividade do estudantado e resaltar a figura de Pablo Picasso, que pasou parte da súa infancia na Coruña e que facía unha especie de xornais con debuxos e noticias para contarlle á súa familia as cousas que lle pasaban. A idea do concurso é que os rapaces e rapazas emulen estes xornais coas suas propias noticias e debuxos para reflectir, de maneira visual e creativa, cal son as noticias que lles afectan e que lles preocupan.
O acto de entrega de premios terá lugar o próximo 19 de xuño ás 18h no salón de actos do IES Eusebio da Guarda, o mesmo lugar donde estudou Picasso durante os anos que pasou na Coruña.
Listado de premiados
Categoría A (3º a 6º de Primaria)
–Mellor Xornal: ‘La Gaceta Loca’, de Xonxa Blanco Calvo (CEIP Ramón de la Sagra)
–Mellor Ilustración: ‘Escola en Camiño’, de Sofía López Fernández e Lucía Vieites Serrano, do CEIP Plurilingüe Gándara (Sofán, Carballo).
-Mellor Redacción: Carla Vicente Meier, Naira Alonso Miranda e Uxía Garea Fraga (CEIP Juana de Vega).
Categoría B (1º e 2º de ESO)
-Mellor Xornal: ‘Tinta Picasso. El Diario’, de John Paul Almeida, do IES Eduardo Blanco Amor, de Culleredo.
-Mellor Ilustración: ‘O Cubista rexoubeiro’, de Paula Vieites Tascón, do IES Maruxa Mallo, de Ordes.
-Mellor Redacción: ‘El ojo del Guernica’, de Manuela Blanco Calvo (IES Ramón Otero Pedrayo, da Coruña)
Categoría C (3º e 4º de ESO)
-Mellor Xornal: ‘El Coruñés’, de Martina Rodilla (IES Miraflores)
-Mellor Ilustración: ‘A Coruña, capital de moda’, de Sara García Márquez, do CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha.
-Mellor Redacción: ‘El Retroceso’, de Yago Rodríguez Fernández e Antón Díaz Quintana, do IES Xograr Afonso Gómez (Sarria)
MELLOR REDACCIÓN 2026- CATEGORÍA A: 
MELLOR ILUSTRACIÓN 2026- CATEGORÍA A: 
MELLOR XORNAL 2026- CATEGORÍA A: 
MELLOR ILUSTRACIÓN 2026- CATEGORIA B: 
MELLOR REDACCIÓN- CATEGORÍA B: 
MELLOR XORNAL 2026- CATEGORÍA B: 
MELLOR ILUSTRACIÓN 2026- CATEGORÍA C: 
MELLOR REDACCIÓN 2026- CATEGORÍA C: 
MELLOR XORNAL 2026- CATEGORÍA C: 




